Estas serán as localizacións dos sete grupos participantes na Mostra da Parodia

Pontevedra
05 de marzo 2025

Nesta ocasión serán sete as agrupacións participantes: Os do Val do Lérez, Vamos a todo, Os das Pistas, Equipo Ja, Furancho PTV e Las flores del Carnaval e No te joroba.

Mostra da Parodia do Entroido 2024
Mostra da Parodia do Entroido 2024 / Mónica Patxot

O Entorido vivirá este venres outra das súas citas imprescindibles nas rúas da Boa Vila coa Mostra da Parodia

Nesta ocasión serán sete as agrupacións participantes: Os do Val do Lérez, Vamos a todo, Os das Pistas, Equipo Ja, Furancho PTV e Las flores del Carnaval e No te joroba. 

'Os do Val do Lérez' instalaranse na Praza da Peregrina, 'Vamos a todo' estarán nos Soportais da Praza da Ferrería, mentres que 'Os das Pistas' montarán o seu espectáculo 'Os últimos da Navarra' á beira da Sidrería Montañés (coñecida como Casa Alcalde, detrás da igrexa da Peregrina).

Pola súa banda, 'Equipo Ja' instalarase na Praza de Ourense e 'Furancho PTV' farano na rúa Manuel Quiroga, 'Las flores del Carnaval' ocuparán a Praza da Ferrería e 'No te joroba' estarán na Praza da Verdura. 

Será a edición número 28 da Mostra da Parodia que comeza nas rúas e prazas da cidade ás dez e media da noite. 

A entrega de premios está prevista para a unha da madrugada na Praza da Ferrería. 

Os técnicos de MeteoGalicia situaban este martes unha probabilidade de choiva para a noite deste venres dun 55%.

A probabilidade de chuvascos é maior pola mañá e irá diminuíndo conforme avance o día.