Este martes ponse en marcha o Centro Social dos Campos con máis de douscentos socios

Pontevedra
29 de outubro 2021

A Asociación de Veciños O Carballo dos Campos, apoiada por mais de douscentos asociados, comeza a súa andaina con gran ilusión e cunha ampla variedade de actividades que desenvolveranse nas súas novas instalacións

Centro Social de Os Campos, en Mourente
Centro Social de Os Campos, en Mourente / Asociación de Veciños O Carballo dos Campos

A Asociación de Veciños O Carballo dos Campos, apoiada por mais de douscentos asociados, comeza a súa andaina con gran ilusión e cunha ampla variedade de actividades que desenvolveranse nas súas novas instalacións.

O presidente desta asociación veciñal, Raimundo Argibay, fixo público "o noso agradecemento o Concello de Pontevedra pola inversión feita na zona dos Campos e pola mellora e humanización desta contorna".

O programa de actividades previsto inclúe ximnasia de mantemento, ioga, taichi, pilates, e obradoiros de fortalecemento de memoria, entre outras.

A día de hoxe xa hai máis de cento trinta persoas inscritas que comezarán nestas actividades a partires do vindeiro martes día dous de novembro.

"Só nos queda desexar que este programa sexa do agrado de tódolos seus membros e que este sexa o inicio dunha longa e boa andaina para todos nós. Forza Carballo!", declarou Raimundo Argibay.