Este San Valentín, aprende a evitar relacións tóxicas

Pontevedra
09 de febreiro 2020

A psicóloga xurídica, sexóloga e criminóloga especializada en igualdade de xénero Mónica Novas Dios protagonizará o próximo venres 14 de febreiro, día de San Valentín, unha charla-café na que dará as claves de 'Como evitar as relacións tóxicas'   

Charla sobre ‘Como evitar relacións tóxicas’ para o Día de San Valentín
Charla sobre ‘Como evitar relacións tóxicas’ para o Día de San Valentín

A psicóloga xurídica, sexóloga e criminóloga especializada en igualdade de xénero Mónica Novas Dios protagonizará o próximo venres 14 de febreiro, día de San Valentín, unha charla-café na que dará as claves de 'Como evitar as relacións tóxicas'.

A concellería de Igualdade e Benestar organiza este coloquio, que se celebrará ás 19.30 horas na Casa da Luz e terá entrada de balde previa inscrición.

Todas aquelas persoas que queiran inscribirse poderán facelo de xeito totalmente gratuíto a través da dirección de correo electrónico [email protected] ou do teléfono 682 66 05 80.

Entre as cuestións que se abordarán na charla inclúese as definicións de relación tóxica e relación sa, as claves para identificar unha relación tóxica e as causas que nos levan a entablalas e a mantelas. Achegaranse ferramentas para poñer fin a unha relación tóxica e os propios participantes plantexaranse a pregunta de se eles mesmos son ou se comportan como persoas tóxicas.

Mónica Novas Dios ten 15 anos de experiencia en Psicoloxía Clínica e formación contra a violencia de xénero. Colaborou en diversas campañas e programas de sensibilización, información e concienciación impulsadas dende a Concellería de Igualdade.