Exalumnos do Sagrado Corazón volverán ás aulas nun reencontro de Nadal

Pontevedra
14 de decembro 2025

Celebrarase o próximo 29 de decembro, de 11:00 a 13:30 horas. O encontro busca ser un momento de nostalxia e amizade

1º Bup A 1985 86 Colegio Sagrado Corazón de Jesús

O Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús convida a todos os seus antigos alumnos nados antes do ano 2000 a participar nunha Xornada de Antigos Alumnos, que se celebrará o próximo 29 de decembro, de 11:00 a 13:30 horas.

O encontro busca ser un momento de nostalxia e amizade, onde exalumnos poidan reconectar con compañeiros e profesores, percorrer os corredores que unha vez encheron de recordos e revivir momentos compartidos nas súas aulas.

A xornada contará con recepción de benvida, exposición de fotografías históricas, visitas guiadas polas instalacións e un petisco final que pechará o evento nun ambiente distendido e próximo.

Curso 1974-75 coa profesora Pitusa (Concepción Abilleira)   Colegio Sagrado Corazón de Jesús

Ademais, esta iniciativa marca o relanzamento da Asociación de Antigos Alumnos, que ten como obxectivo manter vivos os lazos coa comunidade educativa, fomentar a participación en proxectos solidarios e culturais, e crear unha rede de apoio entre xeracións.

A elección da data non é casual xa que o Nadal é un momento especialmente propicio para "volver a casa" e compartir recordos, reforzando o sentimento de pertenza que caracteriza estas datas.

Curso 1962-1963    Colegio Sagrado Corazón de Jesús

Os interesados en asistir deben apuntarse antes do 22 de decembro, a través do perfil de Instagram do colexio (), onde está dispoñible o enlace de inscrición.

Comuniones en Santa María (1963)    Colegio Sagrado Corazón de Jesús

Con esta iniciativa, o Colexio Sagrado Corazón de Jesús demostra o seu compromiso de acompañar ao seu alumnado máis aló da etapa escolar, mantendo vivos os valores e o espírito que definiron a súa historia.

Primeiros alumnos 1956 Colexio Sagrado Corazón de Jesús

A historia deste Colexio comezou con dous destinos que se cruzaron, o do Pai José Miguel Vergés, da Pequeña Obra, e o de Luciano de Dios Vázquez, veciño de Valladolid e oriúndo de Pontevedra. A amizade entre ambos deu froito anos despois na fundación do colexio.

O Pai Vergés, xunto a outros misioneiros, apoiaba aos mozos máis "difíciles" da Institución Gandásegui. Entre charla e charla, o pontevedrés comentoulle as dificultades económicas da súa familia coa casa señorial da Eiriña.

Cando Vergés converteuse en Superior Provincial, a idea de Don Luciano tomou forma: vender a casa aos Misioneiros do Sagrado Corazón. A Congregación liberou as débedas e en 1956, tras aprobar o proxecto, Pontevedra estaba lista para recibir un colexio novo.

O Pai Ildefonso Rodríguez Robles foi o encargado de pór en marcha o centro educativo para empezar as clases en outubro daquel ano.

Elixiuse o nome "Colexio Corazón de Jesús", porque desde o principio quíxose formar mozos valentes e con bo corazón. O colexio non só ensinaba letras e números, tamén inculcaba compañeirismo, respecto e axuda mutua. Mesmo houbo un "carné de Corazóns Valentes" para que todos soubesen a que aterse.

Párvulos coa profesora Carmen Jáudenes e o director Pai Angel Colexio Sagrado Corazón de Jesús