O veciño de Marín, Francisco Abelleira Porrúa, de 59 años, faleceu por mor das graves feridas sofridas ao caerse desde gran altura cando traballaba o pasado xoves pola tarde na cuberta da nave de Safricope.
Segundo a Policía local de Marín, descoñécense as causas do accidente que provocou a caida dende máis de catro metros de altura.
Segundo o Servizo de emerxencias ata o lugar trasladouse unha UVI móbil, axentes da Policía local e da Policía nacional e membros de Protección civil de Marín.
A ambulancia trasladou o home que presentaba feridas de gravidade ata o Hospital de Montecelo onde faleceu.