Unha muller falecía e outras catro persoas, tres delas menores, resultaron feridas tras a colisión que se producía entre dous vehículos ás 9:15 horas desta mañá á altura do Viaduto do Río Lomba na Nacional-640 á altura do quilómetro 236 entre a rotonda de Cornazo e a saída do Hospital do Salnés en la vía de conexión ao Porto de Vilagarcía de Arousa.
Segundo informa o servizo de emerxencias do 112, dous particulares alertaron do accidente informando de que entre as cinco persoas feridas nesta colisión frontolateral se encontran tres menores. Nun dos vehículos viaxaba unha muller con dous menores. A condutora quedou atrapada no interior do vehículo e foi necesaria a intervención dos bombeiros de Vilagarcía.
Segundo informou Protección Civil de Vilagarcía, esta condutora, en estado de xestación, faleceu cando chegou ao Hospital do Salnés onde foron trasladados tamén os tres menores e a outra condutora. A falecida, Mónica Domínguez., era veciña de Vilagarcía de Arousa e tiña 38 anos de idade. Os seus fillos, os dous nenos cos que viaxaba, son xemelgos e estaban a ser trasladados pola nai ao colexio da Lomba. A outra condutora, Leticia López de 32 anos, viaxaba cun menor de ao redor de 2 anos de idade. Ambos os dous son veciños de Vilagarcía e a muller queixábase de dor cervical, torácico e traumatismos nunha perna.
Ata a zona tamén se desprazaron unidades de emerxencias médicas, a Garda Civil de Tráfico e Protección civil de Cambados e de Vilagarcía.