A escaseza de sacerdotes en Pontevedra levou á Igrexa a dar un paso importante: crear Unidades Pastorais que permitan manter viva a vida parroquial, reorganizando tanto os equipos sacerdotais como os horarios de misas e catequeses.
Este mércores, 3 de setembro, o arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, visitou a cidade para presentar oficialmente a primeira destas unidades, a de Pontevedra Norte.
Esta nova estrutura agrupa a dez parroquias da zona: Santa María de Alba, Santa Mariña de Bora, San Vicente de Cerponzóns, Santiago Peregrino do Burgo, Divino Salvador de Lérez, Bo Pastor de Monteporreiro, Santa María de Mourente, Divino Salvador de Poio, San Bartolomeu de Pontevedra e Santa María a Maior.
Pero isto é só o comezo. A Arquidiocese ten previsto pór en marcha dúas unidades máis: Pontevedra Sur, con parroquias como San Xosé de Campolongo, Salcedo e Tomeza, e Pontevedra Este, onde se incluirán a parroquia da Virxe do Camiño e a de Marcón, entre outras.
Aínda que en Pontevedra este modelo é novo, o certo é que as Unidades Pastorais levan tempo aplicándose noutras zonas como resposta ao descenso de vocacións sacerdotais. En esencia, o que se busca é reorganizar os recursos humanos dispoñibles -os curas- para seguir acompañando ás comunidades, moitas das cales quedaran sen atención regular tras a xubilación ou falecemento dos seus anteriores párrocos.
Durante o encontro celebrado este mércores no Centro Interparroquial de Lérez, o arcebispo explicou que estas unidades están pensadas como espazos de colaboración entre parroquias, comunidades relixiosas, movementos laicais, colexios e asociacións cristiás da mesma zona. O obxectivo é traballar xuntos para continuar a misión da Igrexa e manter viva a fe nas comunidades.
No caso de Pontevedra Norte, a Unidade estará formada por cinco sacerdotes que traballarán "in solidum", é dicir, en equipo e sen unha asignación exclusiva a unha soa parroquia. O vigairo episcopal, Luís Seoane Ares, será o moderador do grupo, que completan Javier Porro e Calixto Cobo (de Santa María A Maior), Manuel Chouciño (procedente de Ordes) e Floriano Ceferino Vargas (sacerdote nicaraguano destinado a Santa María).

Floriano Ceferino, Javier Porro, Luis Seoane e Manuel Chouciño Cristina Saiz
Este novo enfoque suporá importantes cambios para os fregueses: a partir de agora, ningunha parroquia terá un párroco en exclusiva, e os sacerdotes se turnarán para celebrar misas, bautizos, vodas, funerais e coordinar a catequese.
Isto implica unha revisión de horarios, posibles axustes nas misas -incluída a supresión de algunhas- e a unificación da catequese en determinadas parroquias.
En definitiva, trátase dunha reorganización elixida pola Arquidiocese para adaptarse aos novos tempos, que busca manter o pulso da vida cristiá na cidade, aínda que sexa con menos sacerdotes.

Presentación da Unidade Pastoral Pontevedra Norte

O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández