Ferida unha veciña de Poio nun accidente de tráfico en Cambados

O Salnés
21 de outubro 2023

A condutora de 37 anos foi evacuada ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061. O accidente producíase durante a tarde deste sábado 21 en Castrelo

Vehículo no que circulaba a condutora ferida
Vehículo no que circulaba a condutora ferida / Servizo de Emerxencias

Na tarde deste sábado rexistrábase un accidente de tráfico na EP-9301 en Xesteira, Castrelo, no municipio de Cambados.

A condutora do vehículo, de 37 anos de idade e veciña de Poio, resultou ferida, segundo indica o servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, que acudiu ata o lugar onde se produciu o accidente.

Tamén acudía unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.

A muller ferida foi evacuada ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061.