Ferido en Cerdedo-Cotobade tras caer do tellado da súa casa

Cerdedo Cotobade
03 de outubro 2025
Actualizado: 19:38

Un helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiu até o lugar do accidente para socorrer á vítima, que foi trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 / 061

Unha persoa resultou ferida tras caerse ao solo desde o tellado da súa casa.

O accidente ocorreu en Valongo, no municipio de Cerdedo-Cotobade.

O suceso rexistrouse sobre as 18:10 horas no lugar do Campo, segundo informou o 112 Galicia.

Un helicóptero medicalizado do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiu até o lugar do accidente para socorrer á vítima.

O ferido foi trasladado a bordo da aeronave até o Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Alí, confirmaron desde o 112 Galicia, recibiu asistencia médica.

Até a zona tamén se trasladaron axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.