Unha persoa resultou ferida tras caerse ao solo desde o tellado da súa casa.
O accidente ocorreu en Valongo, no municipio de Cerdedo-Cotobade.
O suceso rexistrouse sobre as 18:10 horas no lugar do Campo, segundo informou o 112 Galicia.
Un helicóptero medicalizado do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiu até o lugar do accidente para socorrer á vítima.
O ferido foi trasladado a bordo da aeronave até o Hospital Clínico Universitario de Santiago.
Alí, confirmaron desde o 112 Galicia, recibiu asistencia médica.
Até a zona tamén se trasladaron axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.