Ferido un ciclista nun accidente cun coche en Cambados

O Salnés
25 de maio 2025

O accidente produciuse en Refoxos, na parroquia de Corbillón. O ferido foi evacuado ao Hospital do Salnes con dor cervical, lumbar e erosións. O condutor do vehículo non quixo asistencia

Bicicleta implicada no accidente Emerxencias de Cambados

Un ciclista resultou ferido este domingo nun accidente de tráfico cun turismo no lugar de Refoxos, na parroquia de Corbillón.

O ciclista, de 46 anos e veciño de Cambados, foi evacuado ao Hospital do Salnés para recibir asistencia médica.

Segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias de Cambados, presentaba dor cervical, lumbar e erosións.

En canto ao condutor do turismo, non quixo recibir asistencia sanitaria.

Na intervención participaron, ademais de Emerxencias de Cambados, a Garda Civil de Trafico e unha ambulancia do 061.

Turismo implicado non accidenteEmerxencias de Cambados