Forestais celebra o San Leandro máis comprometido

Pontevedra
14 de abril 2016

A Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra conmemora ao seu patrón, San Leandro, cun día de actividades lúdicas promovidas polo alumnado completadas cun mercado ecolóxico e un coloquio con asociacións que promoven a protección da natureza

Celebración de San Leandro na Escola de Enxeñaría Forestal
Celebración de San Leandro na Escola de Enxeñaría Forestal / Duvi

A Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra conmemora ao seu patrón, San Leandro, cun día de actividades lúdicas promovidas polo alumnado completadas con diversas actividades.

Entre elas cabe destacar un mercado ecolóxico e un coloquio con asociacións que promoven a protección da natureza.

Organizadas polos estudantes de tres curso do grao, estas iniciativas pretenden sumarse á oferta de proposta lúdicas e actuacións musicais programadas durante a xornada na propia facultade.

En canto ao mercado ecolóxico, o alumnado decidiu destinar parte dos recadado na festa a unha asociación en defensa da natureza.

A xornada serviu ademais para lembrar aos membros da comunidade universitaria falecidos cunha ofrenda floral na súa memoria.