Accidente grave o sucecido este domingo 21 de setembro na estrada PO-551 ao seu paso por Seixo, en Marín.
Unha muller resultou gravemente ferida tras ser atropelada por unha moto.
Segundo informa o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, a muller ferida, debido ao forte golpe, sufriu a amputación dunha perna e chegou a entrar en parada cardiorrespiratoria, sendo recuperada polos servizos de emerxencia antes da súa evacuación.
Foi trasladada de urxencia polo 061 ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra.
Tamén necesitou asistencia o motorista, afectado de diversas facturas ao saír despedido polo impacto, sinala o 112.
O accidente produciuse ao redor das 19.00 horas deste domingo.
Ocorreu na Avenida Otero Ulloa de Seixo.
Ademais do 061, o 112 solicitou a colaboración da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Marín.