"Hemos sido estafados", denuncia o PP tras a nova prórroga á concesionaria das piscinas de Campolongo

Pontevedra
30 de xuño 2017

O concelleiro popular César Abal criticou este venres a decisión do goberno local e convídalle a que se van destinar 1 millón de euros á reforma das instalacións "sea el propio Concello el que acometa la obra" para acabar co proceso canto antes e despois sacar a licitación o novo contrato

César Abal, concelleiro do Partido Popular
César Abal, concelleiro do Partido Popular / Mónica Patxot

A decisión do goberno local de prorrogar por novena vez o contrato á concesionaria das piscinas de Campolongo, para proceder a un novo estudo de viabilidade que permita a adjucación das obras de reforma e unha nova licitación do contrato de servizos, provocou este venres as críticas do Partido Popular.

O concelleiro César Abal quixo "denunciar que los pontevedreses hemos sido estafados" ata chegar a unha "nueva prórroga irregular".

Abal remóntase ao comezo do proceso, cando "fue la propia concesionaria (Serviocio) la que presentó un estudio de viabilidad cuando era parte interesada" e despois non presentou oferta nun concurso de adxudicación, vinculado entón ao centro lúdico da Parda, que quedou deserto.

Por ese motivo o edil popular sinalou a tres responsables: o por entón concelleiro de Deportes, o socialista Agustín Fernández, a actual responsable municipal desta área, Anxos Riveiro, e a propia empresa concesionaria.

Chegados a este punto, para o PP "es el momento en que el Concello debe imponer las mejoras que estime oportunas".

Ademais convidou o goberno local a asumir directamente a reforma para axilizar ao máximo o proceso e despois sacar a licitación do servizo. "Si va a destinar un millón creo que es mejor que el propio Concello acometa la obra", resolveu o representante do Partido Popular.