Un vehículo quedou completamente calcinado como consecuencia dun incendio iniciado cando o coche circulaba pola avenida de Compostela.
Segundo informaron os Bombeiros de Pontevedra, o turismo empezou a arder e o condutor só tivo tempo a apartarse de vía.
Non se rexistraron danos persoais.
Ademais do vehículo sinistrado o incendio afectou a un camión que se atopaba estacionado nas inmediacións e que rexistrou danos leves nun pneumático e nun faldón.