Os bombeiros de Pontevedra interviñeron este xoves, 29 de maio, para extinguir un incendio que se rexistrou arredor das 09.30 horas nunha obra situada na rúa Prado Novo, na contorna do barrio de Valdecorvos.
O lume, que afectou a diversos materiais plásticos almacenados na zona de construción, provocou unha columna de fume visible dende diferentes puntos da cidade, o que xerou a alarma entre os veciños da zona.
Segundo as primeiras pescudas realizadas polos axentes da Policía Local de Pontevedra desprazados ao lugar, todo apunta a que o incendio non foi intencionado, aínda que as causas exactas da súa orixe continúan baixo investigación.
As autoridades municipais confirmaron que, malia a espectacularidade do fume, non houbo que lamentar feridos.
A concelleira de Seguridade cidadá, Eva Vilaverde confirmou que, a pesar da espectacularidade do fume, non houbo que lamentar feridos.
As lapas puideron ser controladas polos propios traballadores da empresa, nun primeiro momento e logo os servizos de extinción extinguiron o lume sen que se propagase a outras zonas.
A Policía Local investigará o suceso para determinar as circunstancias exactas nas que se produciu o incendio.
