Inician as obras do aparcamento disuasorio proxectado nas inmediacións da Variante de Marín

Marín
11 de outubro 2023

O aparcadoiro de 82 prazas estará situado no núcleo de Ameal, nas inmediacións da Variante de Marín (VG-4.4) e da vía provincial EP-1202, e ten como finalidade fomentar o uso do vehículo compartido

Inicio das obras para crear un aparcamento disuasorio nas inmediacións da Variante de Marín
Inicio das obras para crear un aparcamento disuasorio nas inmediacións da Variante de Marín /

As máquinas traballan xa no núcleo de Ameal, en Marín, para habilitar o novo aparcamento disuasorio proxectado pola Xunta de Galicia nas inmediacións da Variante de Marín co obxectivo de fomentar o uso do vehículo compartido.

Trátase dunha instalación situada nas proximidades da Variante de Marín (VG-4.4) e da vía provincial EP-1202 cunha superficie total de 3.000 metros cadrados.

Segundo informa a administración autonómica o aparcamento dispoñerá dun total de 82 prazas, 79 en batería e 3 en liña. Ademais, tres desas prazas serán para persoas con mobilidade reducida e haberá preinstalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos.

Nas obras en execución inclúese a habilitación de itinerarios peonís de 1,8 metros de anchura para garantir unha mobilidade segura no seu interior, zonas de arboledo e iluminación público e, no bordo, as correspondentes beirarrúas.

Ademais, atendendo á petición realizada polo Concello de Marín, as obras incorporarán unha marquesiña para facilitar o acceso e espera das liñas de autobús neste punto.