Licitan a instalación de videomarcadores LED nos pavillóns da Raña e do Sequelo

Marín
10 de maio 2025

O Concello de Marín aprobou a contratación para a dotación deste equipamento cun investimento de 32.186 euros financiado integramente pola Deputación

Pavillón do Sequelo
Pavillón do Sequelo / Concello de Marín

O Concello de Marín vén de aprobar o expediente de contratación para a dotación de videomarcadores LED nos pavillóns da Raña e do Sequelo.

O obxectivo é mellorar as infraestruturas deportivas municipais e ofrecer un servizo "máis actualizado e eficiente" para a celebración de eventos e competicións.

O investimento total, que ascende a 32.186 euros, será financiado integramente polo II Plan extraordinario de infraestruturas deportivas da Deputación de Pontevedra. 

No momento no que se teña empresa adxudicataria, o Concello tratará de instalar estas dotacións "o antes posible".

O goberno local da alcaldesa María Ramallo enmarca esta actuación dentro da estratexia do Concello de Marín para a modernización e mellora das infraestruturas deportivas.

Segundo destacan, esta estratexia busca contribuir á dinamización da actividade deportiva local e ao fomento do deporte entre a cidadanía.