Lores agradece o "comportamento absolutamente excepcional" da cidadanía de Pontevedra durante o apagamento

Pontevedra
29 de abril 2025
Actualizado: 13:23

A pesar de que "a emerxencia foi grande", valora que "afortunadamente, non hubo incidentes de importancia e, de momento, pasou". A nivel de seguridade, "non hubo absolutamente nada destacable"

Así se viviu o apagón eléctrico durante a noite do luns 28 de abril
Así se viviu o apagón eléctrico durante a noite do luns 28 de abril / Mónica Patxot

Superada a situación máis complicada da emerxencia derivada do apagamento masivo, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, quixo dar as grazas á poboación de Pontevedra polo seu comportamento e a todos os servizos municipais polo seu traballo. 

"Non houbo ningunha cuestión grave", sinalou Lores, a pesar de que "foi unha crise grande, unha emerxencia moi grande". 

A rúa "estaba chea de xente" durante o día e pola noite a poboación recolleuse nas súas casas, facendo gala dun "comportamento absolutamente excepcional". 

A pesar de que "a emerxencia foi grande", Lores valora que "afortunadamente, non hubo incidentes de importancia e, de momento, pasou". A nivel de seguridade, "non houbo absolutamente nada destacable"

Especial mención fixo Lores aos servizos municipais e aos servizos de emerxencia, bombeiros, Policía e Protección Civil.

Tamén se lembrou de servizos que moitas veces son máis descoñecidos, pero que estiveron "ao pé do canón", como o de informática

Destaca, por exemplo, o "traballo excepcional" da Policía Local para localizar funcionarios que estaban incomunicados para que se desprazaran ata o Concello para facer tarefas de emerxencia precisas. 

A Policía local segue sen teléfonos. Así que provisionalmente habilitaron estes dous números móbiles aos que pode chamar a veciñanza: 628684987 e o 674604826.

Por poñer outro exemplo, o servizo de recollida de residuos funcionou ata as 00.30 horas da madrugada, "ata que se atorou a planta de Ribadumia", de maneira que xa non podían descargar máis residuos. 

Volveu recuperar o funcionamento ás 6 da mañá e durante a mañá deste martes "están intentando recuperar todo", con intención de "dar o sevizo correcto" durante o día. 