O presidente da Deputación, Rafael Louzán, sorprendeu a todos na rolda de prensa habitual dos venres cando, sen ser preguntado respecto diso, referiuse á circunvalación da cidade de Pontevedra para instar á Ministra de Fomento, Ana Pastor, a que impulse a construción desta infraestructura.
"Quixera aproveitar a ocasión para, agora que se están dando pasos importantes na comunicación da circunvalación de Pontevedra, dicir públicamente que é importante que por parte do Ministerio de Fomento se avance en levar esta importante infraestructura ata Curro", espetou aos xornalistas.
Louzán engadiu que se adhire ás propostas feitas polos concellos de Pontevedra e Barro para este vial, no sentido de que esta comunicación ten que chegar ata o lugar de Curro "desde aquí non imos a poñer ningún tipo de dificultades", afirmou "temos unha oportunidade histórica".
Rafael Louzán insistiu na importancia de "non perdelo tempo" e de "sumar todos os esforzos"
Rafael Louzán insistiu na importancia de "non perdelo tempo" e de "sumar todos os esforzos" aludindo a que por parte do Ministerio de Fomento, especialmente da ministra, existe "unha sensibilidade especial para con Pontevedra".
"Independentemente da cor política é o momento de unirse e, se hai unha luz, que se faga esa primeira fase da circunvalación de Pontevedra", dixo Louzán que se mostrou igualmente satisfeito polo acordo alcanzado co alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, para sacar adiante a ronda urbana.
Neste sentido o vindeiro luns, ás 11.30 horas no Pazo Provincial terá lugar a firma do convenio entre as dúas institucións para a construción da ronda urbana, ou o que é o mesmo, o proxecto denominado "acceso a Príncipe Felipe-Montecelo dende a PO-542 no lugar do Marco".