O Concello de Marín deu luz verde á empresa Álvarez e Ogando Promocións SL para que leve a cabo a construción de 26 novas vivendas na Cañota.
Será concretamente en dúas parcelas situadas na Laxe, entre as rúas Camiño dos Sapos e Pumariño.
Contan cunha superficie de 371 e 635 metros cadrados, respectivamente, e albergarán un edificio organizado en dous bloques diferenciados nas plantas superiores.
O bloque I, con fachada principal ao Camiño dos Sapos, contará con 12 vivendas, mentres que o bloque II, orientado cara á Rúa Pumariño, terá 14. As vivendas serán de dúas, tres e catro habitacións, con dous ou un baños, e algunhas contarán con terrazas.

Actualmente, as parcelas albergan unha edificación que será demolida tras a súa aprobación na Xunta de Goberno Local celebrada este xoves.
A alcaldesa, María Ramallo, cualificou a promoción como "una moi boa noticia", destacando a importancia das promocións privadas para satisfacer a demanda de vivenda no municipio.
Esta iniciativa súmase aos esforzos do Concello por impulsar a creación de vivenda, incluíndo a análise de vías para a dotación de solo de licenza directa que poida ser derivado á Xunta de Galicia para promover a construción de vivendas de protección e a apertura de novas rúas, como no caso do SUNC da Raña.