Magnolias no lugar de ficus para Salgueiriños e Rafael Dieste

Pontevedra
28 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A concellaría de Servizos urbanos básicos, que xestiona o edil nacionalista Xaquín Moreda, decidiu cambiar os ficus destes espazos por magnolias, unhas especies máis acaídas para os espazos urbanos, que ofrecerán máis vistosidade e luminosidade a estas zonas, segundo o Concello de Pontevedra

Magnolias en Rafael Dieste
Magnolias en Rafael Dieste / Concello de Pontevedra

Os ficus que se atopaba nas rúas Salgueiriños e Rafael Dieste foron substituídos por magnolias. 

A concellería de Servizos urbanos básicos, baixo a xestión do edil Xaquín Moreda, decidía este cambio ao entender que as magnolias proporcionarán máis vistosidade e luminosidade a estas rúas.

O departamento de parques desenvolve unha campaña sanitaria de poda en gran parte de árbores urbanas. A intención é alongar a vida destas especies e mellorar a calidade de vida das persoas residentes en distintos puntos evitando que as ramas entren polas ventantas dos edificios.

Durante os últimos días incorporábanse novas árbores no barrio de Salgueiriños e en Rafael Dieste eliminando os ficus, especies que chegan a medir ata 15 metros de altura, pero que non ofrecían a sombra necesaria, obxectivo que se busca coas árbores urbanas, segundo a concellería. As raíces tamén causaban problemas nas beirarrúas e nas calzadas.

Por este motivo decidíase plantar catorce magnolias de folla caduca, nove en Salgueiriños e cinco en Rafael Dieste. A intención do goberno municipal é que a flor ofreza unha imaxe similar á da céntrica praza de San Xosé, cunha sombra que permita o paso da luz e, ao mesmo tempo, sexa suficiente para refrescar o ambiente durante os meses calorosos.