Máis de 200 cacharelas iluminarán a noite San Xoán en Poio

Poio
21 de xuño 2025
Actualizado: 12:09

Permitiranse fogueiras nas praias de Sinás, Raxó, Laño, Ouriceira, O Padrón, Campelo (porto) e Lourido

Celebración de San Xoán na Seca, Poio Mónica Patxot

O espírito da noite de San Xoán segue latexando con forza en Poio.

Con festivo local no municipio o día 24 de xuño, moitos foron os que se animaron a solicitar permiso para acender unha fogueira ou chacharela para espentar o meigallo e festexar a noite máis curta do ano.

En concreto o Concello de Poio informa que recibiu máis de 200 solicitudes para encerder fogueiras na noite do 23 de xuño.

Unha suma que conta as peticións relativas tanto a terreos privados como espazos públicos.

Entre as autorizacións destacan as concedidas para 'cacharelas' nas praias de Sinás, Raxó, Laño, Ouriceira, O Padrón, Campelo (porto) e Lourido.

Todo iso sen esquecer a fogueira municipal da Seca, que inclúe un espectáculo de lume.

Neste lugar, na Seca, celebrarase ademais a xa tradicional sardiñada popular organizada polo propio Concello a partir das 21.30 horas.

Para garantir a seguridade durante a noite de San Xoán, o Concello de Poio estableceu unha serie de normas de seguridade que deberán respectarse estritamente. Por exemplo as fogueiras non poderán superar os 8 metros de perímetro nin os 3 metros de altura e deberán edstar situadas a un mínimo de 12 metros dos edificios e árbores.

Para as grelladas a distancia mínima é de 4 metros.