Marea Pontevedra pónlle "deberes" a Pedro Sánchez: Anular a prórroga de ENCE

Pontevedra
01 de xuño 2018

O voceiro do colectivo cidadá, Luís Rei, rexistrou este venres unha moción instando ao novo goberno de Pedro Sánchez a "anular a condena á Ría de Pontevedra"

Pedro Sánchez, presidente do Goberno
Pedro Sánchez, presidente do Goberno / PSOE

O Grupo Municipal de Marea solicita que o pleno de Pontevedra inste ao novo Goberno do Estado, presidido polo socialista Pedro Sánchez, a emprender as accións que conduzan á anulación da prórroga de 60 anos de presenza na ría de Pontevedra que lle foi concedida a ENCE en 2016.

O voceiro de Marea Pontevedra, Luís Rei, rexistrou este venres unha moción instando ao novo goberno a anular a prórroga á fábrica de Ence na Ría de Pontevedra.

O representante de Marea lembra que o día 25 de xaneiro de 2016, o Goberno do Estado, daquela en funcións e presidido polo pontevedrés Mariano Rajoy Brey, concedeulle á empresa ENCE unha prórroga en virtude da cal se lle ampliaba a concesión da súa presenza na Ría de Pontevedra por outros 60 anos máis, ata o ano 2073.

No argumentario da moción Luis Rei lembra que Mariano Rajoy "fixo méritos para que o Pleno do Concello de Pontevedra o declarase o 22 de febreiro de 2016 persoa non grata" a instancia de Marea Pontevedra e do PSOE.

 

Arquivado en