O próximos domingo 7 e luns 8 de setembro, Marín encherase de alegría, tradición e música para celebrar ao grande as súas festas patronais na honra da Virxe do Porto.
O domingo, a xornada arranca ás 11:00 horas cuns animado pasacalles a cargo de Pousos da Area, que percorrerá as principais rúas do municipio, enchéndoas de ritmo e cor.
Ás 12:30 horas, no Paseo Alcalde Branco, renderase unha emotiva Homenaxe ás mulleres e homes do mar, acompañado pola música en directo da Banda de Música de Valga.
Pola tarde, ás 19:30 horas, a Alameda acollerá o Memorial Pai Mariño e Antonio Fernández, organizado pola Asociación Cultural Os Chaneiros, un momento especial para o recordo e a cultura.
E para pechar o día con bo ambiente, ás 22:00 horas, tamén na Alameda, o grupo Os Coleguitas porá a todos a bailar coa súa actuación.
O luns, a festa continúa desde primeira hora. Ás 11:00 horas, o grupo Os de Marín volverá encher as rúas cos seus pasacalles.
Ao mediodía, celebrarase unha solemne misa cantada, coa participación da Coral Lembranzas, Airiños de San Xulián e a Unidade de Música da Escola Naval. Tras a cerimonia, sairá a tradicional procesión.
Á mesma hora, 12:30 horas, a Charanga OT encargarase de animar o ambiente nas rúas, contaxiando a todos coa súa enerxía e bo humor.
O broche de ouro a estas festas será na Alameda, que vibrará ás 19:30 horas co espectáculo musical Pop Rock Symphony Fusión, unha proposta que une o mellor do rock e a música sinfónica.