Marín disporá de tres "leiraparkings" na rúa Inferniño

Marín
28 de novembro 2018

O Concello de Marín xa firmou os tres primeiros convenios mediante os cales os titulares de tres pacelas situadas na rúa inferniño as ceden para o seu uso como aparcadoiro público provisional

Parcela destinada a aparcadoiro na rúa Inferniño Concello de Marín

O Concello de Marín xa firmou os tres primeiros convenios mediante os cales os titulares de tres parcelas situadas na rúa Inferniño as ceden para o seu uso como aparcadoiro público provisional.

Esta solución aliviará a falta de espazos de estacionamento no tempo que duren as obras que se están facendo polo novo colector da Avenida de Ourense, as da propia rúa Inferniño e as de Concepción Arenal. 

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, agradeceu en persoa a estes vecinos a súa implicación co Concello.

Mentras os servizos técnicos supervisan o acondicionamento destes leiraparkings se están a estudar outras alternativas que xurdiron a raíz de iniciar esta iniciativa que foi moi ben acollida pola veciñanza.