Marín renova a cobranza de impostos e restablece o calendario de pagos

Marín
10 de xuño 2020

O prazo voluntario para pagar o IBI, a ocupación da vía pública con reserva de aparcamento exclusiva ou a taxa para os vehículos de tracción mecánica expira o 31 de agosto

O Concello de Marín renova os períodos de pago das taxas municipais e de recadacións. No marco da volta á normalidade das medidas extraordinarias tomadas para facer fronte á crise sanitaria da Covid-19, se reestablecen os períodos de pago voluntario dos impostos a vehículos de tracción mecánica, a taxa por ocupación da vía públic con reserva de aparcamento exclusivo ou o Imposto sobre Bens Inmobles, que finalizan o 31 de agosto. 

Para facilitar a xestión dos contribuíntes, o departamento de Tesourería comezará a enviar aos domicilios correspondentes o documento de pago actualizado cos novos prazos para que poidan proceder ao abono do tributo. 

Por outra banda, desde o 1 de xuño recuperouse a vixencia dos prazos administrativos que foran suspendidos. Desta maneira, renóvase a cobranza das taxas e dos prezos públicos, polo que se pon en funcionamento de novo toda a tramitación para os procedementos de xestión tributaria e recadación. Primeiro, cumprirase co calendario de pagos previsto e despois, á súa finalización, empezará á cobranza as fraccións pendentes dos meses de marzo, abril e maio con periodicidade mensual. 

Finalmente, establécese o día 5 de xuño de 2020 como data de cobranza da primeira cota da sistema de pagos do IBI do ano 2020.