Marín ultima a preparación dos areais

Marín
23 de abril 2018

Nas pasadas semanas os operarios substituíron as barandillas de madeira e arranxaron as pasarelas coa instalación de novos accesos, como o da praia da Riveira pequena

Arranxo da baixada á praia de Aguete
Arranxo da baixada á praia de Aguete /

O Concello de Marín ultima a preparación dos areais de cara o verán.

Nas pasadas semanas os operarios substituíron as varandas de madeira e arranxaron as pasarelas coa instalación de novos accesos, como o da praia da Riveira pequena. 

Agora se está procedendo á renovación das duchas, nas que se intentou buscar un diseño que encaixe coa contorna e á vez sexa práctico e de fácil uso, resistentes de cara a previr os actos vandálicos, aínda que nada é o suficientemente resistente cando se quere facer mal.

Tamén se acondicionaron as casetas de socorrismo e se están a preparar os bancos do paseo para poñer a punto todo o mobiliario urbán das praias, aproveitando que as melloras e traballos é necesario realízalos con bo tempo. 

Ao longo da fin de semana é numeroso o público que acude a disfrutar de paseos pola area ou polas zonas do vial de praias tan propicias a facer deporte.