A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia activa a alerta laranxa para este martes 26 de marzo con motivo da entrada do temporal costeiro, que afectará as provincias de Pontevedra e A Coruña.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) indica que este fenómeno meteorolóxico adverso permanecerá activo desde o mediodía do martes no litoral das dúas provincias. A partir do mediodía estenderase a toda a costa galega.
Espérase a presenza de vento do noroeste con forza 7 e ocasionalmente con forza 8 e mar combinado do noroeste con ondas de ata sete metros de altura.
A Dirección Xeral de Emerxencias, a través do Centro Integrado de Atención a Emerxencias 112 Galicia, xa informou aos municipios das provincias e deputacións, servizos provinciais e agrupacións de volunttariado de Protección Civil, ademais da clubs náuticos, entre outras entidades.
Insisten desde a Xunta en que a poboación se manteña afastada da liña de costa, evitando diques, rompientes e paseos marítimos. Ademais de pedir que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar actividades no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións situados nos peiraos.