O camiño municipal que discorre entre os lugares de Gondariño e Carballo, na parroquia de Vilalonga, en Sanxenxo, será obxecto dunha completa actuación de mellora.
O Concello iniciou as obras de mellora da pavimentación e dotará se saneamento e abastecemento o tramo urbano.
O investimento de ambas as actuacións ascende a 82.388 euros, que se pagarán cunha axuda da Agader e con fondos propios municipais.
Segundo a información facilitada polo Concello, o camiño atópase na actualidade pavimentado con mestura bituminosa en quente cunha capa de rodaxe en estado de conservación deficiente, polo que urxe a súa reparación mediante a reposición completa da mesma.
A lonxitude total do viario é de algo máis dun quilómetro e o ancho da súa plataforma é duns 4,30 metros de media e ten algúns tramos bastante angostos, polo que están a ser obxecto de ensanche.
Existe unha zona puntual do trazado, coincidindo coa intersección do camiño con otrovial municipal procedente de terreo forestal, na que as augas que descenden libremente por esteúltimo viaria chegan á calzada do camiño a pavimentar e crúzana transversalmente, provocando importantes arrastres e consecuentes danos no pavimento.
Para solucionar esta situación, prevese canalizar adecuadamente o caudal de auga procedente do terreo forestal e evitar danos sobre o viario a tratar debido á corrente de auga que actualmente discorre de forma superficial.
A actuación tamén inclúe o pintado de sinalización horizontal, a colocación de sinais verticais de stop e o recrecido das tapas de rexistro afectadas polas obras de pavimentación da calzada.