O concelleiro de Medio Rural do Concello de Marín, Pablo Novas, informou este martes de que xa se remataron as obras de mellora das cunetas de seguridade na EP-1202, entre o cemiterio e a igrexa de Santa María do Campo.
Esta obra foi levada a cabo pola Deputación de Pontevedra, co obxectivo de garantir o paso dos peóns dunha maneira máis segura, nun itinerario moi concurrido entre o aparcadoiro do cemiterio.
Este vial se atopa nestes momentos en obras para mellorar a súa infraestrutura no cruce da baixada á Igrexa Parroquial.
Tal e como explicou o concelleiro, "estas obras, aínda que parecen pequenas intervencións, son esenciais para a seguridade viaria no rural, onde moitas veces a peligrosidade das vías para os peóns ten consecuencias fatais. Desde o Concello queremos que todos os entornos, tanto do casco urbano como do rural, estean en perfectas condicións".