Nomean a José Manuel Duarte como novo xefe da Policía Local de Pontevedra

Pontevedra
05 de xuño 2020

O novo xefe será José Manuel Duarte Solla, un dos inspectores principais que tiña a Policía Local. Foi o único que se presentou ao concurso público convocado para ocupar esta praza vacante tras o nomeamento de Daniel Macenlle como director xeral de Protección Cidadá

José Manuel Duarte
José Manuel Duarte / Mónica Patxot

A Policía Local de Pontevedra xa ten novo xefe. Tras un período provisional que estivo liderado por Ángel Ruibal, o Concello nomeou ao responsable deste corpo municipal.

O novo xefe será José Manuel Duarte Solla, un dos inspectores principais que tiña a Policía Local. Foi o único que se presentou ao concurso público convocado para ocupar esta praza vacante tras o nomeamento de Daniel Macenlle como director xeral de Protección Cidadá.

A súa xefatura entra en vigor con carácter inmediato, dende o momento do seu nomeamento

Este procedemento púxose en marcha o mes pasado. Xa estaba previsto cubrir esta vacante de xeito estable, pero a crise sanitaria e a suspensión de prazos e procedementos derivados do estado de alarma, fixo retrasar a decisión.

A praza estaba circunscrita a funcionarios e funcionarias do corpo da Policía Local de Pontevedra que tiveran a categoría de inspector principal.