Nova edición dos Premios Demo Day para fomentar a xestión creativa do alumnado de FP

Pontevedra
26 de febreiro 2023

Estes galardóns buscan fomentar a iniciativa emprendedora entre o alumnado de Formación Profesional de grao medio e superior, que participan no programa 'Depoemprende na FP'

Alumnado do IES Montecelo
Alumnado do IES Montecelo / IES Montecelo - Arquivo

A Deputación de Pontevedra convoca unha nova edición dos Premios Demo Day destinado a centros educativos que están integrados neste curso ao programa 'DepoEmprende na FP', que promove a institución provincial.

Os premios queren incentivar iniciativas emprendoras, tanto no ámbito empresarial como no autoemprego, entre o alumnado de formación profesional de grao medio e superior

Está previsto que se repartan 1.900 euros en premios e os centros poden inscribirse na convocatoria por vía electrónica ata o mércores 8 de marzo.

O CIFP Carlos Oroza e o IES Montecelo, de Pontevedra, atópanse adheridos ao programa e poden participar con dous proxectos cada un. O alumnado deberá xestionar proxectos empresariais identificando e apoiando propostas que poidan executarse. O seguinte paso, unha vez seleccionados os proxectos polos centros, consistirá en que a Deputación organice un programa intensión denominado 'Aceleración de proxectos'.

Un xurado avaliará as propostas empresariais atendendo tamén á presentación que realice cada centro. Atenderase tamén á capacidade innovadora e creativa na idea de negocio, contribución social e viabilidade da iniciativa, entre outros aspectos. 

Escolleranse tres proxectos gañadores. Os premios serán de 700 euros para os da categoría de Grao Medio e dous, de 700 e 500 euros, para os de Grao Superior.