Nova vítima da covid-19 en Pontevedra: unha muller de 94 anos ingresada en Montecelo

Pontevedra
28 de maio 2021

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés suma desde o inicio da pandemia un total de 179 vítimas mortais da covid-19. A última sumouse á tráxica estatística este xoves 27 de maio e tenia patoloxías previas ao diagnóstico de coronavirus. O mesmo día morreu unha segunda persoa en Galicia, un home de 83 anos no Hospital de Monforte  

Fachada do Hospital Montecelo
Fachada do Hospital Montecelo / Mónica Patxot

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés suma desde o inicio da pandemia un total de 179 vítimas mortais da covid-19. A última sumouse á tráxica estatística este xoves 27 de maio, unha muller de 94 anos. 

Segundo a información facilitada polo Servizo Galego de Saúde, a muller estaba ingresada no Hospital Montecelo e tenia patoloxías previas ao diagnóstico de coronavirus

Durante a xornada do xoves o Sergas tamén reporta unha segunda vítima mortal en Galicia, un home de 83 anos que estaba ingresado no Hospital comarcal de Monforte de Lemos (Lugo) e que tamén tiña patoloxías previas.

SÁBADO DE VACINACIÓN

Durante a xornada deste sábado 29 de maio, o Sergas ten prevista unha xornada de vacinación no recinto feiral de Pontevedra e no Hospital Montecelo, pero non hai programación de inmunización no recinto feiral de Fexdega de Vilagarcía.

Segundo a información facilitada pola area sanitaria de Pontevedra e O Salnés, un total de 3.130 persoas foron convocadas en horario de mañá e tarde no recinto feiral de Pontevedra. Son persoas entre 60 e 65 anos que recibirán a vacina de Pfizer.