Novo chan para o Espazo Municipal do Sartal

Poio
27 de agosto 2024

Para ofrecer un local máis cálido e cómodo instalarase tarima flotante e rodapé de madeira nas dúas aulas

Obradoiros de manualidades en Poio

A concelleira de Espazos Cidadáns, Tamara González, visitou este martes o Espazo Municipal do Sartal para coordinar os traballos que se van realizar nas próximas semanas e que inclúen cambiar o chan do local e substituír a baldosa actual por tarima flotante nas dúas aulas e colocar rodapé de madeira.

Un cambio que, segundo indicou, ofrecerá un espazo máis cálido e cómodo, fundamental para o desenvolvemento de todas as actividades que se organizan neste espazo e, en maior medida, as que se desenvolven no solo. De feito, neste local se desenvolven clases de pilates, ioga, memoria, pintura e outras actividades organizadas por colectivos locais.

Hai uns meses xa se mudou o chan no Espazo Municipal do Bao e, neste tempo, a experiencia e opinión das persoas usuarias é unánime respecto dos beneficios importantes que se conseguiron.

REMATAN OS OBRADOIROS INFANTIS

Por outra banda, xa remataron os obradoiros e actividades organizados polo Concello de Poio para os máis pequenos e que nos meses de verán percorreron diferentes localizacións ao aire libre en todas as parroquias.

Uns talleres que contaron con gran participación das familias en Raxó, Samieira, Combarro, Lourido, Campelo ou Vilariño.

O obxectivo era que a rapazada gozase do ocio e de actividades ao aire libre tamén durante os meses de xullo e de agosto, e o fixera nos lugares máis concorridos durante as vacacións de verán, como poden ser as praias ou as prazas, ao tempo que se fomentan as actividades e creacións con materiais reciclados.