Durante esta semana as rúas do municipio de Poio acollen unha actividade práctica de circulación con bicicleta organizado conxuntamente polo Concello, a Policía Local e a Asociación Pedaladas.
O alumnado do IES de Poio está a recibir formación teórica e práctica no manexo da bicicleta e na súa circulación polas vías con tránsito rodado.
Cada xornada, de cinco horas de duración, comezará cunha sesión de formación nos exteriores do instituto na que se realizará o test de Pauwells, consistente nunha proba práctica de dominio da bicicleta.
Logo o alumnado continúa cun percorrido práctico polas rúas acompañados da unidade de formación da Policía Local de Poio e membros da Asociación Pedaladas, cunha distancia de seis quilómetros.
Con esta actividade búscase fomentar o emprego da bicicleta por parte da mocidade ao tempo que se lles instrúe en prácticas seguras de circulación.