O alumnado do obradoiro de emprego acondiciona varias sendas en Moraña

Umia
24 de xaneiro 2023

O alumnado do obradoiro de emprego "Ulla Umia VI", promovido polos Concellos de Moraña e Valga, están a acondicionar os sendeiros que trascorren polas parroquias de Amil, Rebón, San Lourenzo e xa remataron os traballos na sendas "A Bouza – Grixo " e a de "A Alberguería – Barosela"

O obradoiro de emprego acondiciona varias sendas en Moraña
O obradoiro de emprego acondiciona varias sendas en Moraña

O alumnado do obradoiro de emprego "Ulla Umia VI", promovido polos Concellos de Moraña e Valga, están a acondicionar os sendeiros que trascorren polas parroquias de Amil, Rebón, San Lourenzo e xa remataron os traballos na sendas "A Bouza – Grixo " e a de "A Alberguería – Barosela".

Próximamente, continuarán coa mellora da Vía Mariana Luso Galaica.

Este obradoiro deu comezo o pasado 1 de outubro e nel participan 20 persoas, ten unha duración de doce meses e consta de dúas especialidades formativas: forestal e carpintería. 

Nas súas clases prácticas están a recuperar os antigos camiños, e neste senso fan rozas e limpezas da propia ruta e dos ríos. 

Estes días o alumnado está a traballar na senda na parroquía de Rebón, a carón do Rego da castañosa e Rego Gundeiro. Ata alí foi de visita o alcalde de Moraña, José Cela xunto coa directora do obradoiro, María del Carmen Vidal.