Concienciar acerca da lacra da violencia machista a través de distintas intervencións artísticas. Ese era o espírito do ciclo Violencia Zero, impulsado pola Deputación de Pontevedra, que chegou ao seu fin cunha perfomance na prisión da Lama.
A intervención artística, que tivo lugar no edificio socio-cultural da prisión, estivo protagonizada pola artista visual e dinamizadora cultural Isabel León.
A performance, de título 'Pasillo', comezaba coa artista encerrada baixo unha saba de plástico pisada nos seus extremos polas internas e internos do centro penitenciario.
Pretendía, segundo a descrición da propia autora, mostrar a mulleres poderosas e fortes, mulleres que rompen, atravesan e saen do afogo da violencia.
Mulleres en acción. Violencia zero desenvolveuse en espazos públicos de Pontevedra co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar sobre o problema da violencia machista e, sobre todo, unir forzas para loitar contra esta lacra social.