O colectivo de ambulancias esixe melloras no traslado de pacientes a Montecelo

Pontevedra
31 de agosto 2020

A CIG lamenta que as súas propostas, que non supoñen ningún desembolso económico e están dirixidas a evitar que os pacientes non se mollen durante os días de choiva, non fosen atendidas un ano despois de presentalas

A CIG esixe en rolda de prensa melloras no servizo de ambulancias da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
A CIG esixe en rolda de prensa melloras no servizo de ambulancias da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés / CIG

A ausencia de melloras no servizo das ambulancias un ano despois da proposta presentada polos delegados do sindicato CIG ante a Xunta foi a razón da convocatoria que tivo lugar este luns na sede do sindicato.

O secretario comarcal da FGAMT-CIG de Pontevedra, Xavier Aboi, explicou que os representantes sindicais trasladaron ao xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés unha serie de melloras que non supoñerían ningún gasto económico extra pero que permitirían mellorar sensiblemente o servizo que prestan aos pacientes. Trátase, ilustran desde a CIG, de evitar que se mollen cando chegan ao hospital impedindo que a zona de estacionamento das ambulancias estea ocupada por furgonetas de repartición ou outros vehículos. 

Neste sentido, os delegados pedían o arranxo das cubertas de Montecelo ou, nos días de temporal, que poidan utilizar a entrada principal. " Semella que lles dá igual ou servizo que se lle presta aos pacientes", lamentan.