Vinte e seis postos de traballo. É a oferta pública de emprego que, a través de concurso-oposición, puxo en marcha o Concello de Pontevedra. Son as prazas correspondentes á oferta selectiva do ano 2017.
En concreto, o goberno municipal busca cubrir con este proceso oito postos de operario, sete de administrativo, tres de auxiliar administrativo, dous de oficial de obra, dous de oficial electricista, un de técnico de conservación de semáforos, un de sepultureiro, un de mestre electricista e un de condutor mecánico.
A metade destas prazas serán de libre concorrencia e a outra metade de promoción interna.
Os interesados en participar nestas oposicións terán quince días para inscribirse, unha vez salga publicada a convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Este proceso selectivo súmase ao que está aberto na Policía Local, onde se van a cubrir cinco prazas de policía de base e tres prazas de oficiais.