O Concello de Marín mételle présa ás obras da Avenida de Ourense

Marín
11 de febreiro 2019

Os representantes de Copcisa, a empresa adxudicataria, aseguraron que a obra vai a bo ritmo, aínda que por parte do Concello, solicitouse mais celeridade

Obras na Avenida de Ourense
Obras na Avenida de Ourense

Este luns tivo lugar unha nova reunión de traballo das obras de Avenida de Ourense para comprobar o avance das obras do novo colector xeral, e a reposición da zona de aparcadoiro.

Participaron os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín, e o técnico municipal, ademais dos representantes da empresa, dirección de obra, Augas de Galicia e Ministerio de Fomento.

Os representantes de Copcisa, a empresa adxudicataria, aseguraron que a obra vai a bo ritmo, aínda que por parte do Concello, solicitouse mais celeridade.

Os técnicos sinalaron que, polo de agora, a rede de saneamento antiga ten que seguir funcionando, así como os servizos que se dan ao porto.

A día de hoxe están abertas gabias a 4 metros de profundidade. Están a aplicarse todas as medidas de seguridade necesarias para poder traballar nestes tramos de obra.