O Concello de Moraña lembra que hai que limpar as leiras para previr incendios

Umia
06 de maio 2020

A administración local inicia unha campaña de información e sensibilización para que se proceda canto antes a realizar estes traballos preventivos

Visita á limpeza de franxas das aldeas
Visita á limpeza de franxas das aldeas / Concello de Moraña

Concello de Moraña quere concienciar aos seus veciños da importancia de ter debidamente coidadas as leiras rústicas para evitar incendios.

A estes efectos comezou este mesmo mércores unha campaña de sensibilización e información para que os propietarios realicen os debidos traballos de limpeza e roza canto antes e aínda que a Consellería do Medio Rural ampliou o prazo para estes fins ata mediados de xullo.

Trátase dunha actividade que está permitida neste contexto do estado de alarma, co engadido de que os propietarios das leiras deber levar consigo unha declaración responsable na que se identifiquen as parcelas coa referencia catastral, así como os correspondentes apeiros. No caso de que estes se atopen nas leiras en cuestión, constará na declaración sinalada.

Segundo a normativa de prevención de incendios forestais da Xunta, esíxese a limpeza das franxas de seguridade dos núcleos de poboación, de vivendas illadas e bens públicos que alcancen un perímetro de 50 metros, eliminando toda a maleza, árbores e arbustos pirófitos.

A alcaldesa Luisa Piñeiro, agradece "a maioritaria responsabilidade dos veciños, pero hai que facelos canto antes para estar previdos, xa que os incendios poden aparecer en calquera momento e hai que estar listos para  mininizar as súas consecuencias".