O Concello de Ponte Caldelas fai a compra ás persoas maiores do municipio

Ponte Caldelas
15 de marzo 2020

O Concello de Ponte Caldelas quere axudar a aquelas persoas maiores do municipio que non deben saír das súas vivendas e non teñen quen lles axude. É unha medida excepcional que só se manterá durante o Estado de Alarma

Unha persoa maior na súa casa La Caixa

O Concello de Ponte Caldelas quere axudar a aquelas persoas maiores do municipio que non deben saír das súas vivendas e non teñen quen lles axude. É unha medida excepcional que só se manterá durante o Estado de Alarma.

As persoas que precisen mercar alimentos ou medicamentos poden chamar ao teléfono do Concello 986750013 e falar coa concelleira Leticia Rocha (extensión 2) en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Ela tomará nota dos datos da vivenda e un operario municipal, debidamente protexido, acudirá ao domicilio para recoller a lista da compra, de medicamentos, a tarxeta sanitaria e o diñeiro e, posteriormente, entregarán o pedido no domicilio.

O obxectivo é evitar que as persoas maiores, que son os máis vulnerables a este virus, se contaxien.