O Congreso Atlántico de Marketing dixital Flúor conclúe promovendo o interese, a utilidade e o impacto

Pontevedra
14 de xuño 2019

O director de Flúor, Alberto Garnil Rodríguez, foi o encargado de poñer punto final a este Congreso que contou cunha alta participación de asistentes que encheron o auditorio de Afundación

Congreso Atlántico de Marketing Dixital Flúor
Congreso Atlántico de Marketing Dixital Flúor / Mónica Patxot

Alberto Garnil Rodríguez, director de Iconweb e de Flúor, o Congreso Atlántico de Marketin Dixital que se desenvolveu en Pontevedra, foi o encargado de clausurar este evento durante a xornada deste venres.

O máximo responsable desta cita co networking afirmaba que este tipo de eventos so se fan con moita xenerosidade da xente que participa. Antes da súa intervención, Carlos Fernández falaba sobre a fórmula para xerar contido a través do interese, a utilidade e o impacto. Desta forma, sinalaba que é necesario aprender a darlle ao público aquelo que precisa.

Durante esta xornada tamén interviña Javier Regueira, escritor do blog 'No content, no brand', que se preguntaba polo futuro das redes sociais, mentres que o pontevedrés Pablo Cimadevila amosaba ás persoas asistentes que o marketing e a arte poden ir da man.

Rosanna Blasi, de LinkedIn, falaba no seu relatorio sobre o Social Selling para transmitir a idea de que é ncesario mellorar o perfil persoal e a marca individual.

Ao longo dos dous días os 20 especialistas en negocio dixital que participaron ofreceron ao público modelos a seguir de cara a mellorar profesionalmente.