O CRA de Caldas realiza unha performance para celebrar o día da Paz e a Non Violencia

Umia
30 de xaneiro 2024

O tenente de alcalde Manuel Fariña destaca o gran proxecto educativo do CRA de Caldas e destaca o importante esforzo que o Concello está a realizar para manter estas aulas abertas

Actos do Día da Paz no Colegio Rural Agrupado (CRA) de Caldas Concello de Caldas de Reis

O Colexio Rural Agrupado (CRA) de Caldas celebrou este martes o día escolar da Paz e a non violencia cunha performance polas principais rúas da Vila Termal na que participaron os 30 alumnos do centro, xunto coas súas mestras.

Durante o seu percorrido estiveron acompañados polo tenente de alcalde, Manuel Fariña, quen aplaudiu o gran labor educativa que se realiza neste centro. Destacando a súa labor dinamizadora do rural así como a contribución para fixar poboación no rural caldense.

Esta actividade é o remate dun proxecto que estiveron a traballar dende este centro e que contou durante a mañá do luns coa presenza do contador de historias Anxo Moure na Escola de Santo André, onde realizaron diferentes actividades centradas no coidado da natureza e o medio ambiente, así como a importancia dos pequenos xestos para favorecer a convivencia.

Dende o goberno municipal, o tenente de alcalde manifestou o compromiso do goberno municipal co CRA de Caldas e o seu modelo educativo. Un apoio municipal que se ten trasladado en importantes melloras nas aulas que suman máis de 50.000 euros nos últimos anos co fin de garantir unhas instalacións de primeira para os veciños e veciñas máis novos, sinalou o nacionalista.