O Grupo Stop Velutina intensifica as súas accións

Barro
29 de xullo 2018

As agrupacións de Barro e Umia retiraron no que vai de tempada 108 niños de avespa velutina Barro, 45 en Portas e 75 en Cuntis en colaboración cos grupos de Protección Civil destes municipios

Niño de avespa velutina retirado en Barro
Niño de avespa velutina retirado en Barro / Grupo Stop Velutina Barro

As agrupacións Stop Velutina de Barro e Umia intensifican estes días a súa actividade para tentar controlar a expansión da avespa velutina.

En concreto desde que se iniciou a tempada retiráronse 108 niños no concello de Barro, 45 en Portas e 75 en Cuntis en colaboración cos grupos de Protección Civil destas localidades.

Stop Velutina Umia ten como puntos de actuación outros lugares da comarca como Poio, Meis, Moraña e Caldas de Reis.

No caso de Barro, colectivo coordinado polo tenente de alcalde da localidade, José Sanmartín, desde abril retiráronse máis de 1.500 avespas raíñas grazas ás trampas colocadas por voluntarios e veciños.

Neste aspecto, este luns 30 de xullo o colectivo de Barro ten previsto ofrecer unha charla formativa na ludoteca de Curro para ensinar a facer trampas aos nenos do municipio para que llo poidan transmitir aos seus familiares e conciencialos do problema que supón a presenza desta especie invasora.

Arquivado en