O ministro de Transportes, Óscar Puente, chegou este venres á estación de trens de Pontevedra acompañado dos Reis Magos, que utilizaron unha viaxe en probas da alta velocidade.
O ministro socialista explicou que tiveron que facer unha parada en Pontevedra para non chegar 15 minutos antes do previsto a Vigo, que era o destino final desta viaxe.
"Los Reyes Magos nos dijeron que querían llegar hoy a Vigo en alta velocidad y aprovechamos las pruebas del Talgo 106 y, por supuesto, los llevamos en Preferente", publicou Óscar Puente na súa conta de Twitter (agora X).
Os trens Avril aínda non están en funcionamento e o de hoxe foi unha proba. A previsión é que "si todo va según lo previsto" a alta velocidade ferroviaria chegue ás cidades de Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo o próximo mes de marzo.
"El tren está listo y entrará en funcionamiento en un muy breve periodo de tiempo" respondeu Puente a preguntas dos xornalistas. A previsión é poñer á venda os billetes o 1 de marzo e que funcionen antes de que acabe ese mes.
"Desde Puebla de Sanabria hasta casi Ourense el trazado es espectacular, túneles y viaductos se suceden en un alarde de ingeniería civil que da la perspectiva de lo que somos como país. Contamos con las mejores infraestructuras del mundo", presumía o ministro.
Talgo, segundo explicou o ministro, está na "fase final" das probas de fiabilidade deste novo tren, que operará en Galicia e Asturias, "ganando en frecuencias y en capacidad".
Estes trens teñen unha configuración "completamente nueva", describiu Óscar Puente, ao ser trinta centímetros máis anchos que os convencionais, o que permitirá instalar unha fila máis de asentos e gañar unhas duascentas prazas máis en cada vehículo.
"Me voy con una muy buena impresión de este viaje de pruebas", sinalou Puente, que destacou que "hemos venido confortablemente y absolutamente seguros" facendo unha parada "de regulación" en Pontevedra porque senón "habríamos llegado con 15 minutos de adelanto".
Estes novos Talgo 106 ofrecerán avances "suficientemente elocuentes" para a alta velocidade galega, ao multiplicar as prazas ata os 11 millóns e mellorando ademais as frecuencias, pasando Santiago de 4 a 8, Ourense de 10 a 12, A Coruña de 3 a 5 e Pontevedra e Vigo de 4 a 5.
Ademais, o ministro subliñou a redución nos tempos de viaxe, xa que comparado con 2018, a conexión con Madrid reduciuse á metade, sendo dúas horas e 10 minutos a viaxe a Ourense, tres horas e 20 minutos a de Pontevedra ou tres horas e 35 minutos a de Vigo.
"300 km/h sin despeinarse. Aún puede ir a 330 km/h. Tecnología española puntera en el mundo. Somos un referente en alta velocidad", seguiu presumindo Óscar Puente.
Con respecto ao tren de proximidade en Galicia, un compromiso recollido no pacto de investidura entre o PSOE e o BNG, Puente sostivo que, por agora, "estamos sometiéndolo a estudio".