O Pavillón Universitario presume de conciencia ambiental e apúntase ao deporte sostible

Pontevedra
21 de marzo 2014

O proxecto para a instalación deportiva está integrado dentro do programa 'Green Campus'

"Xestionando hoxe os recursos das vindeiras xeracións". Con este título presentou a vicereitora, Antonio Blanco, o proxecto Pavillón Verde: Deporte Sostible non campus de Pontevedra, que pretende converter o Pavillón Universitario nun exemplo de xestión ambiental.

O proxecto inclúe cinco liñas de acción sobre a xestión das instalacións, despois de elaborar un estudo sobre os espazos, consumo e emisións durante o pasado curso e consultar coas once entidades usuarias do pavillón.

Estas liñas de acción inclúen a elaboración dun protocolo de actuación para fomentar a sostibilidade nos eventos deportivos que alí se celebren, a mellora na xestión dos residuos, un estudo para a mellora da accesibilidade e a creación dunha campaña de formación e concienzación.

A quinta destas propostas pasa por compensar as emisións de carbono, para o que se fará unha plantación de árbores na entrada do campus.

Toda esta iniciativa enmárcase dentro do programa 'Green Campus'.