A área metropolitana de Vigo é, para o Partido Popular, un novo ataque á capitalidade de Pontevedra. Especialmente a intención do alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, de modificar un artigo da lei que aproba a súa creación polo que, segundo Jacobo Moreira, reclámase que Vigo teña un "tratamento propio" por parte das administracións central, autonómica e provincial "similar a unha capital de provincia".
Trátase, segundo os populares pontevedreses, dunha intención que reflicte "con toda claridad" que o rexedor vigués quere "crear una quinta provincia" na que non só integraríanse os catorce concellos xa incluídos na área metropolitana senón outros cinco que "ya han sido invitados a unirse", entre eles Vilaboa, municipio lindeiro con Pontevedra.
Sería un organismo, denunciou Moreira, que establecería "unilateralmente" as competencias que asumiría. Todo iso, lamentan, supón un "ataque" á capitalidade de Pontevedra que está a ser "permitido" por Miguel Anxo Fernández Lores. "Está callado cuando le quieren quitar la capitalidad a Pontevedra", afirmou o edil popular, que reclama ao alcalde o "mismo esfuerzo" que mostrou cando a Xunta creou a súa delegación territorial en Vigo.
En todo caso, o de Caballero non deixa de ser unha proposta que, para ter certos visos de realidade, tería que ser aceptado pola Xunta de Galicia. Preguntado respecto diso, Moreira afirmou que "yo no estoy aquí para hablar de la Xunta" e emprazou aos xornalistas a que pregunten directamente á administración autonómica se estaría disposta a aceptar os cambios propostos polo alcalde de Vigo.
Nesta posición, dixo, Abel Caballero conta coa "connivencia" da presidenta da Deputación, Carmela Silva, á que Jacobo Moreira acusou de "aminorar" o peso de Pontevedra a nivel provincial, entre outras cuestións, co seu apoio ao traslado de ENCE, a retirada da subvención á Escola de Gaitas ou a intención de desprenderse do "buque insignia" da institución, a Cidade Infantil Príncipe Felipe.
"Es el precio que Lores ha aceptado pagar por estar en la Deputación, no le importa vender a Pontevedra", reiterou Moreira, que avanzou que o PP presentará unha moción no próximo Pleno municipal para que a corporación se pronuncie respecto diso. Eles, asegura, "no nos vamos a callar y si el alcalde no está, nosotros sí estaremos".