O PP convoca unha xuntanza cos hostaleiros para abordar a normativa dos veladores

Pontevedra
14 de xaneiro 2017

Será este luns 16 de xaneiro, ás 17:00 horas, nas instalacións do Casino Mercantil da rúa Curros Enríquez. Falarán da proposta para a elaboración dunha nova ordenanza sobre veladores e terrazas nas rúas e prazas de Pontevedra

Mesas dun velador na praza de Méndez Núñez
Mesas dun velador na praza de Méndez Núñez / Juan Mejuto

Os populares convocaron a todo o sector da hostalaría pontevedresa a un encontro no que presentaralles a súa moción para a elaboración dunha nova ordenanza de terrazas e veladores, e recoller así todas as achegas e suxestións que sobre a mesma desexen realizar.

A cita será este luns 16 de xaneiro, ás 17:00 horas, na segunda planta do edificio do Casino Mercantil e Industrial, sito na rúa de Curros Enríquez.

A formación que encabeza Jacobo Moreira insiste en que "a actual ordenanza está caduca polo que é preciso a elaboración dunha nova normativa que se adecúe ás demandas actuais do sector e da cidade".

"O BNG realizou cambios importantes na cidade e estes cambios deben vir acompañados dunha nova regulación que garanta os dereitos e deberes de todos os pontevedreses", apuntou o edil popular.

A moción que se debaterá no vindeiro Pleno municipal propón a elaboración dunha nova normativa de veladores e terrazas que se axuste "á realidade do século XXI e que integre aspectos que era impensable ter en conta en 1997".

A cita do vindeiro luns espera alcanzar un "alto grado de consenso sobre as directrices que se marcarán na nova ordenanza".